Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festigal volta con recortes

A QUENLLA, NAO E FESTICULTORES ENCABEZAN O CARTEL PARA O VINDEIRO 24 DE XULLO

O Festigal volta con recortes

MISCELáNEA | xullo 12, 2013

imaxe non dispoñible

A ausencia de grupos foráneos e a desaparición dos concertos nocturnos do 25 de xullo marcan a edición 2013 do Festigal. O encontro volta unha vez máis ao Campus Sur de Compostela os vindeiros 24 e 25 de xullo mantendo unha intensa actividade paralela con feira de produtos culturais, presentacións, artesanía e actividades para os máis novos. A nivel musical, A Quenlla, Nao e Festicultores Troupe compoñen o cartel para a noite do 24. Ao longo da tarde do 25 poderán verse actuacións de Grampoder, García Mc ou Os da Ría íntimos, entre outras propostas, aínda que por vez primeira non habará concertos nesa noite.

Ligazóns