Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A orquestra Atlas Ensemble exhibe a súa multiculturalidade en Santiago

OBRADOIROS E CONCERTOS COMPOñEN O PROXECTO SON(UT)OPíAS

A orquestra Atlas Ensemble exhibe a súa multiculturalidade en Santiago

MISCELáNEA | xuño 26, 2013

imaxe non dispoñible

É un seminario internacional de compositores e intérpretes multiculturais que nace ao abeiro do Centro da Creatividade, proxecto do CampUSCulturae. Chámase son(UT)opías 2013 abre un proxecto a catro anos que pretende xuntar en Santiago a experimentación e a creación musical. A formación convidada é a Atlas Ensemble, unha orquestra de cámara composta por músicos de China, Asia Central, Oriente próximo e Europa que ofrecerán un repertorio creado exprofeso para esta actividade. A formación galega Vertixe Sonora Ensemble será a formación residente deste proxecto musical que inclúe obradoiros e concertos abertos ao público en diferentes espazos da cidade como o Auditorio de Novacaixagalicia, a Praza de Praterías e a Igrexa da Universidade.