Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Requinta da Laxeira lanza Maise

O SEGUNDO DISCO DO GRUPO REIVINDICA ESTE INSTRUMENTO PARA A FESTA

A Requinta da Laxeira lanza Maise

FOLK | xuño 12, 2013

maise_requinta_da_laxeira.jpg

Coa reivindicación do tipo de frauta que lles dá nome por bandeira, o grupo A Requinta da Laxeira acaba de publicar Maise, o seu segundo disco. Como no primeiro lanzamento, a música para requinta é a base dun son no que incorporan tamén voces, percusións, gaitas e acordeóns e que ten na festa e na alegría a súa razón de ser. O grupo, que está integrado na Asociación Cultural San Campio, presentou o novo disco o pasado día 8 na compostelá Sala Capitol, e ten previstas actuacións en eventos como o Festival de Narahío (6 de xullo) ou a Romaría de San Roque en Moraime (17 de xullo).

datos do disco