SKARALLAOS, CHOTOKOEU, THE SKARNIVALS E SWINGDIGENTES COORDINAN O PROXECTO
Nace o festival autoxestionado Caravana de emerxencias
marzo 15, 2013
Catro horas de concerto, a cargo de Skarallaos,Chotokoeu e The Skarnivals e presentado por Swingdigentes. Esta é a proposta coa que chega Caravana de emerxencias, un festival autoxestionado e organizado polos propios grupos participantes que se celebrará o vindeiro 4 de abril na Sala Capitol. O proxecto propón unha orixinal fórmula de pago. O acceso será de balde, e será na saída cando os asistentes paguen o que consideren oportuno polas actuacións.