Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Chega 8, o debut dos John Deeres

O GRUPO APOSTA POLO ROCK CLáSICO EN GALEGO

Chega 8, o debut dos John Deeres

ROCK | febreiro 26, 2013

john_deeres_8.jpg

"Rock clásico en galego adubado con pinceladas hard rock e pingas de psicodelia", esta é a propotas que realizan os John Deeres en 8, o seu primeiro traballo. Unha proposta autoeditada na que achegan oito temas integramente en galego que deixan sentir estas influencias. Logo de realizar unha pescuda por cantante en 2011, o grupo incorporou a Ferni na voz, quedando a composición con Xermán (batera), Marcos (baixo), Mustaf (guitarra) e Reices (teclados). Segundo recoñecen, a nova voz "achega á banda máis contundencia setentera". O traballo, autoeditado está gravado nos estudios Litium de Pontevedra e pode escoitarse xa de balde en plataformas como Grooveshark, Spotify ou iTunes entre outras. As copias físicas do LP están tamén en tendas.

En breve comezará a xira de presentacións do disco, e os membros do grupo anuncian que pretenden desenvolver algúns concertos en formato acústico.

DOCUMENTO
datos do disco