Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Lendrone presenta UNO

O GRUPO DEBUTA CON ONCE TEMAS DE EXPERIMENTACIóN ELECTRóNICA

Lendrone presenta UNO

ELECTRóNICA | febreiro 18, 2013

imaxe non dispoñible

Dous anos logo de presentar o seu primeiro EP, a banda coruñesa Lendrone debuta no formato longo. UNO sae á luz da man da discográfica Matapadre achegando 11 cortes de electrónica e post rock con influencias do máis variado. O disco chega ás tendas hoxe mesmo e pódese escoitar íntegro desde a pasada semana no web da revista Rockdelux. O traballo gravouse nos estudios Círculo Polar e masterizouse nos JJ Golden de Ventura, California. A sala La Iguana de Vigo acolle o vindeiro día 22 o concerto de presentación do proxecto.

MULTIMEDIA
La Mécanique Moderne de UNO
DOCUMENTO
datos do disco