Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un CD para dar a coñecer o Live for Madness

O FESTIVAL CELEBRA A SúA TERCEIRA XEIRA EN OURENSE O 9 DE MARZO

Un CD para dar a coñecer o Live for Madness

ROCK | febreiro 4, 2013

imaxe non dispoñible

Tal como están as cousas, que o festival Live for Madness chegue á súa terceira edición xa é unha boa nova. Pero ademais, esta cita para os amantes do rock máis duro chega reforzada, cun novo web e un cartel con 5 grupos. Inordem, 13 Left to Die, N.O.T., Barbarian Prophecies e Above the Seas achegarán sons desde o trash ao hardcore, pasando polo heavy e o death metal á sala ourensá Berlín.

Por se fose pouco, os organizadores acaban de publicar un disco con 15 temas das bandas participantes (tres de cada unha) que se pode descargar de balde para dar a coñecer a cita, unha iniciativa anovadora no noso país.

Aínda que con algúns problemas co servizo de descargas, que consideraba que se estaban a vulnerar dereitos de autor, o volume está dispoñible e os responsables do festival lembran que teñen os permisos de todas as bandas participantes para desenvolver esta promoción.

O dinamismo dos organizadores do evento, que se desenvolve sen ánimo de lucro e sen axudas públicas, queda de manifesto tamén noutras propostas. Por exemplo, a través do web está en marcha unha campaña para compartir coche entre os interesados en asistir ao evento, e un euro de cada unha das 250 primeiras entradas vendidas irá ao Banco de Alimentos de Ourense, mentre que a partir das 251 a doazón será de 5 euros por pase.

MULTIMEDIA
Vídeo promocional do Live for Madness 2013
MULTIMEDIA
11 temas dos grupos do Live for Madness en Soundcloud
DOCUMENTO