Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O atraso no apoio municipal fai perigar festivais vigueses

O ALT E O SINSAL BARALLAN NON CONVOCAR AS SúAS EDICIóNS DESTE ANO

O atraso no apoio municipal fai perigar festivais vigueses

MISCELáNEA | xaneiro 21, 2013

imaxe non dispoñible

Ao igual que aconteceu a comezos de 2012, este ano arrinca con incerteza sobra a continuidade dalgúns dos máis destacados eventos culturais vigueses. Segundo denuncia hoxe Faro de Vigo os festivais Alt e Sinsal están a barallar non celebrar novas edicións ante a demora do Concello de Vigo en confirmar o seu apoio a estes eventos. Do mesmo xeito, o festival de jazz ImaxinaSons tampouco sabe se contará con financiamento municipal, mentres desde o Festival Alternativo das Artes Escénicas agardan uns recortes dun 33%.