Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Novos proxectos discográficos apostan polo crowdfunding

NAO, KONFLIKTO, CéSAR DE CENTI E MANU ESCUDERO CHAMAN á COLABORACIóN DO PúBLICO

Novos proxectos discográficos apostan polo crowdfunding

MISCELáNEA | xaneiro 9, 2013

imaxe non dispoñible

Catro grupos galegos chaman á colaboración do público para lanzar os seus novos discos. A plataforma de crowdfunding Verkami acolle as propostas destes grupos. Así, Nao dispón aínda de 24 días para completar os 5.000 euros aos que aspiran para publicar o seu terceiro disco de estudio Cancións de amor e liberdade. Pola súa banda, Konflikto quere reunir 3.000 euros para o seu segundo CD, Ratas urrakas y cuervos, e dispón de 15 días para os completar.

O cantautor César de Centi reúne tamén fondos para o seu debut discográfico logo de dez anos de carreira. Réstanlle 19 días para obter os 2.300 euros cos que quere abordar a produción. E outro cantautor, Manu Escudero, aspira xuntar os 1.900 euros que require a gravación de Nada que perder y mucho que ganar, para o que ten aínda 36 días.