Ti estás aquí > Inicio / / O Festival itinerante 981Heritage leva á Coruña a música electrónica
O Festival itinerante 981Heritage leva á Coruña a música electrónica
decembro 7, 2012
Comezaron en Madrid (outubro) e en Londres(novembro) e o vindeiro 15 de decembro chegarán á Coruña. O festival de Música electrónica, Festival 981heritage, pecha no Playa Club as itinerancias deste ano. O modelo será o mesmo, un maratón de música electrónica (máis de doce horas de música ininterrompida), con propostas chegadas de diferentes partes. A nota galega o vigués Diego Cobo aka Mwëslee, e os coruñeses Dj Judah e Lendrone. Precisamente este último grupo publicará en 2013 UNO (discográfica Matapadre), un LP e un álbum de 11 temas.