Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Cantos na Maré chega á súa décima edición

RUI VELOSO, CHICO CéSAR, CHENY WA GUNE E SéS PROTAGONIZAN O EVENTO

Cantos na Maré chega á súa décima edición

MISCELáNEA | decembro 3, 2012

imaxe non dispoñible

O vindeiro 12 de xaneiro o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a décima edición do festival Cantos da Maré. O punto de encontro da música galega coa lusofonía contará nesta xeira con Rui Veloso desde Portugal, Chico César como representante do Brasil, Cheny Wa Gune, de Mozambique e a galega Sés. Canda a eles estará, coma sempre, Uxía, directora artística do evento e Paulo Borges como director musical. O festival presentouse esta fin de semana no marco do Culturgal, e abre a venda da súas entradas o vindeiro 5 de decembro.