Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Son de Vigo promociona os grupos locais da Cidade Olívica
O festival Son de Vigo promociona os grupos locais da Cidade Olívica
xullo 26, 2012
O Concello de Vigo presentaba o pasado martes a segunda edición do festival Son de Vigo. Logo da polémica provocada polo elevado orzamento dedicado ao concerto de Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat na cidade, a cámara municipal recupera este programa que contará con actuacións de dez grupos locais entre o 30 de xullo e o 3 de agosto. Blows, Mónica de Nut, The Soul Jackets ou Camarada Nimoy son algúns dos nomes dun cartel que ten a Siniestro Total e os Resentidos como pratos forte no día de feche.