Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Arrinca PortAmérica, unha ambiciosa aposta nos festivais de verán
Arrinca PortAmérica, unha ambiciosa aposta nos festivais de verán
xullo 19, 2012
No medio da crise, apostar por crear un festival de grande tamaño e cheo de actividades alternativas resulta unha sorpresa. Pero isto que o que propoñen desde Emerarte Servizos Artísticos coa primeira edición de PortAmérica, un evento que, alén da música, está centrado na innovación e na creatividade. Nigrán acolle desde hoxe e ata o vindeiro 21 de xullo o evento, que conta con nomes como Julieta Venegas, Love of Lesbian, Xoel López, Iván Ferreriro, Love of Lesbian, Corizonas, Combon Dinamo ou Zoé e Onda Vaga no seu cartel.
Para alén da habitual zona de acampada e de actividades paralelas propias dun evento destas características, o novo festival propón tamén un espazo virtual. Unha auténtica rede social na que os usuarios poden compartir fotografías, videos, textos ou propostas creativas. O festival propón tamén o espazo Mercainnova, un mercado destinado ao intercambio de ideas e produtos anovadores no cal se gravará o espazo Gente portAmérica de V Televisión e se fará unha demo da iniciativa de apoio ao emprendemento Galicia en Coworking. Ademais, tamén está habilitado un espazo gastronómico no que se poderán degustas receitas exclusivas asinadas por Pepe Solla, Alberto González e Yayo Daporta, do grupo nove. A proxección do documental All Tomorrow’s Parties da plataforma de cinema Filmin ou The Road Experience, que propón aloxarse nun autobus inglés son outras das iniciativas presentes no recinto.