O Festival de Jazz e Blues de Pontevedra conmemora dúas décadas
xullo 17, 2012
De ser unha cita local e minoritaria a se transformar nunha cita imprescindible para os amantes do xénero. Desde o seu nacemento en 1993, o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra viviu unha longa evolución, e para conmemorar os seus vinte anos de existencia fai un repaso desta traxectoria cunha publicación especial. Os artistas que visitaron a cidade do Lérez e os fitos na evolución do evento están marcados nunha publicación que se pode consultar en liña.
A edición número XX comeza esta mesma noite coa actuación de End of an era na praza do Teucro. Mañá será o turno do Javier Pereiro Quinteto, e o xoves a praza da Ferraría acollerá a actuación de The Bad Plus con Joshua Redman. Venres, no mesmo escenario, será o turno de Sharrie Williams, sábado actuará Keb "Mo" e domingo Ninenty Miles con Stefon Harris, Nicholas Payton e David Sánchez fechan o programa.
Tamén che pode interesar:
- 11/ 6/ 2015 | O Seminario de Jazz de Pontevedra presenta o seu novo disco
- 14/ 7/ 2014 | O Festival de Jazz de Pontevedra cumpre 22 anos
- 31/ 10/ 2012 | Ribadeo acolle o seu primeiro festival de jazz
- 10/ 10/ 2007 | Carlos Childe Troupe abre con “Cooking Melodies” a colección de Blues & Jazz do selo PAI
- 9/ 11/ 2006 | O Microfest achega a Santiago a cultura rap con concertos e proxeccións