Vilagarcía acollerá a III Mostra Musical do Eixo Atlántico
febreiro 10, 2012
Coa intención de favorecer o intercambio entre intérpretes musicais de Galicia e Portugal, Vilagarcía asume a organización da III Mostra Musical do Eixo Atlántico. A reponsable de Educación do Concello presentaba onte a nova edición deste evento, que contará coa presenza xa confirmada de músicos de catorce entidades locais desta organización. Na última edición reuníronse arredor de douscentos participantes, e prevese un incremento na participación.
Co fin de aforrar custos, o encontro centrará a súa actividade no Auditorio Municipal da Vila, no lugar de rotar polos diferentes concellos participantes. A Mostra transcorrerá entre o 12 e o 13 de maio, e está aínda aberto ata o vindeiro cinco de marzo o prazo para participar no mesmo, o que fai prever que se incremente a participación final.