Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Manu Chao entre os primeiros confirmados para o X Reperkusión

LAMATUMBá ANUNCIA UNHA PAUSA NO SEU TRABALLO LOGO DE TRECE ANOS DE CARREIRA

Manu Chao entre os primeiros confirmados para o X Reperkusión

FUSIóN | xaneiro 25, 2012

imaxe non dispoñible

O X festival Reperkusión, que se celebrará en Allariz os vindeiros 17 e 19 de maio, conta xa coas primeiras actuacións confirmadas. Entre estas, destaca a incorporación ao cartel de Manu Chao, que dará dous recitais neste evento co proxecto La Ventura. Canda a el, poderá verse Russkaja, Funky Style Brass, Os 3 Trebóns e Festicultores Troupe, a falta de novas bandas. A coincidir con este adianto, chega a nova da pausa profesional que colle Lamatumbá. O grupo fai un alto no camiño, logo de trece anos, para, segundo explican no seu web, "mar un descansiño para facer outras cousas, tomar outros rumbos quen lle apeteza, e cargar pilas".

Sinalando que non se trata dunha disolución, senón dun "ata pronto", o comunicado adianta que é moi posible que algúns dos membros se embarquen, durante este período, en novos proxectos musicais.