Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / O Padroado da Fundación Cidade da Cultura adía a 2013 a creación do Centro da Música

A XUNTANZA ACORDOU CREAR UN DEPARTAMENTO PARA XESTIONAR A PROGRAMACIóN DO COMPLEXO

O Padroado da Fundación Cidade da Cultura adía a 2013 a creación do Centro da Música

MISCELáNEA | marzo 18, 2011

imaxe non dispoñible

Xa estaba anunciado polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, pero non se fixo efectivo ata onte, no marco dunha xuntanza do padroado da Fundación Cidade da Cultura. O edificio central do complexo do monte Gaiás, o que estaba previsto que fose Centro da Música, non se construirá ata 2013, como mínimo. A situación económica é a causa esgrimida polo padroado para ese adiamento que afecta ao edificio máis caro e polémico de todo o conxunto. Este centro foi concibido inicialmente como un Teatro da Ópera, logo o bipartito transformou nun auditorio chamado Escenario Obradoiro, e hoxe defínese como Centro da Música. Na xuntanza tamén se acordou a creación dun departamento que xestione a programación do complexo.