Ti estás aquí > Inicio / / A Coruña acollerá de novo o festival Sónar en 2011
A Coruña acollerá de novo o festival Sónar en 2011
novembro 30, 2010
Logo da experiencia deste ano Xacobeo, o festival Sónar desdobrarase de novo en dúas sedes en 2011. A Coruña repite, canda a Barcelona, como local deste recoñecido evento de música electrónica. Será nos días 17 e 18 de xuño do vindeiro ano cando o recinto de EXPOCoruña acolla preto de trinta actuacións, que a organización aínda non desvendou. Polo de agora, só se confirma a presenza, tanto en Barcelona como na Cidade Herculina, do trío Magnetic Man.