Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A marca Galiciantunes promoverá a industria musical na Monkey Week

AGADIC REPRESENTARá NUN POSTO PROPIO A ARTISTAS E EMPRESAS MUSICAIS DO PAíS

A marca Galiciantunes promoverá a industria musical na Monkey Week

MISCELáNEA | outubro 6, 2010

imaxe non dispoñible

A música galega estará presente na Monkey Week, a mostra internacional de música independente de Cádiz, do 8 ao 12 de outubro. A Axencia Galega de Industrias Culturais mantén a marca Galiciantunes para o seu posto de representación empresarial e artística, que conta co apoio de Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) e AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais). As empresas que acudirán á Monkey Week serán Ernie Producciones, que presentará o seu grupo Holywater; La Fábrica de Chocolate/Esmerarte que promoverá as actuacións de Eladio y Los Seres Queridos, Clá, Hola a Todo El Mundo e Magnética; e Saraiba Produccións. Ademais disto, na programación oficial aparecen dúas bandas galegas, como son Emilio José e Triángulo de Amor Bizarro; aínda que neste caso representadas por empresas non galegas. O principal soporte preparado para as feiras internacionais de música deste ano é un dobre cd con libreto, que recolle a produción musical galega máis recente dividida por xéneros en pop-rock e jazz (cd1) e roots (cd2).

Ligazóns