Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O foro Creativa reúne a industria cultural galega e do Norte de Portugal

O ENCONTRO TRATARá ARTES ESCéNICAS, MúSICA, AUDIOVISUAL E PRODUTO GRáFICO

O foro Creativa reúne a industria cultural galega e do Norte de Portugal

MISCELáNEA | decembro 10, 2009

imaxe non dispoñible

Desde hoxe e ata o vindeiro 19 de decembro, as artes escénicas, a música, o audiovisual e o produto gráfico de Galicia e do Norte de Portugal danse cita en Galicia. O Foro Creativa, coordinado pola Consellaría de Cultura e a Direcção Regional de Cultura do Norte do Ministério de Cultura portugués, abordará en 16 mesas redondas os problemas e posibilidades destes sectores. O programa inclúe ademais 13 espectáculos escénicos e musicais a cargo de creadores das dúas banda da raia. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, adiantou que esta iniciativa, integragada no Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, terá continuidade co desenvolvemento dunha guía de recursos culturais e dunha axenda de eventos que se poderá seguir no web www.creativacultural.com.

DOCUMENTO