Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha manifestación protesta na Coruña pola programación do Noroeste Pop Rock
Unha manifestación protesta na Coruña pola programación do Noroeste Pop Rock
agosto 12, 2009
Sufriu cambios de escenario e de localización, pero o máis sorprendente de todo é que o festival que ten no seu título as súas declaracións de intencións (Noroeste Pop Rock) puidera programar a Raphael ou a El Consorcio. A protesta comezou dun xeito silencioso na rede, cando o coruñés Daniel Díaz impulsou no Facebook unha iniciativa baixo o nome No estoy de acuerdo con el cartel del Festival Noroeste Pop Rock, que foi sumando adeptos (a día de hoxe son 2.600 membros) que decidiron facer hoxe (Praza de María Pita, ás 21:00 horas) unha manifestación en contra deste cambio de orientación. Mentres, continúan os preparativos do encontro que comezará mañá