Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Descarga ao vivo fusionará a música cubana e a galega

TRES CONCERTOS NA CORUñA, VIGO E COMPOSTELA PODERáN VERSE ESTE MES

Descarga ao vivo fusionará a música cubana e a galega

FUSIóN | xullo 1, 2009

imaxe non dispoñible

A Central Folque está a coordinar a xira galega do proxecto Descarga ao vivo, que mestura música galega e cubana. A iniciativa, que se presentou na Habana en febreiro de 2008, chega ao noso país con tres concertos que se celebrarán na Coruña (23 de xullo), en Compostela (25 de xullo) e en Vigo (30 de xullo). Os espectáculos contarán coa presenza de músicos dos dous países, coma Guadi Galego, Quim Farinha, Ugia Pedreira, Oscar Fdez., Xabier Díaz, Edelmiro Fdez., Pablo Castanho, Pablo Pascual, Gutier Álvarez, Raciel Jiménez, Adonis Ríos e J.M. Díaz. A organización puxo en marcha un concurso de fotografías de época no que se repartirán dez entradas.