Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Oriol Ponsa asume a xerencia da Sinfónica de Galicia co reto da súa internacionalización

SUBSTITúE A FéLIX PALOMERO, NOMEADO DIRECTOR XERAL DO INSTITUTO NACIONAL DE ARTES ESCéNICAS

Oriol Ponsa asume a xerencia da Sinfónica de Galicia co reto da súa internacionalización

CLáSICA/LíRICA | xuño 16, 2009

imaxe non dispoñible

A Sinfónica de Galicia é unha orquestra consolidada no panorama musical estatal, e agora cómpre a súa internacionalización. Iso é o reto que lle toca a Oriol Ponsa i Martí, o novo director xerente da formación, que substitúe a Félix Palomero, nomeado hai un mes director xeral do Instituto Nacional de Artes Escénicas (INAEM). Ponsa i Marti desenvolveu a súa carreira como xestor no Teatro Liceo de Barcelona, a Orquestra Cidade de Granada e a Escola Superior de Música de Cataluña.