Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A evasión vai por dentro

ATAQUE ESCAMPE FAI UNHA EVOCACIóN DA FUXIDA DE IDA E VOLTA EN DEZANOVE TEMAS

A evasión vai por dentro

ROCK | maio 27, 2009

not_14782.jpg

O grupo compostelán Ataque Escampe presenta estes días o seu novo disco a través da plataforma A Regueifa nunha versión dixital á que seguira nos vindeiros días de xuño unha edición en formato físico que se distribuirá en tendas. A grande evasión ofrece en dezanove temas unha viaxe de fuxida e volta a modo de epopea, con historias que “son coma souvenirs: pequenas e baratas na súa extensión, mais enormes ao nos transportaren ao lugar máis inseguro, capitais a arder de ruído, continentes especiais, espaciais”. Dentro da viaxe á que invita o disco hai tres pequenas pezas instrumentais dedicadas a cada un dos aeroportos galegos. O grupo muda minimamente a súa formación neste disco coa incorporación de Lois, que se ocupa dos teclados, e que substitúe o acordeón de Francesc. A grande Evasión gravouse no Home Studio do Edificio Avante (Santiago de Compostela) durante o mes de marzo e foi mesturado e masterizado en abril de 2009 por Marcos Payno e Tomás Axeitos.

VIDEO | Criptozooloxía aplicada

Realizado por Alba Viñas e Rafa Pazos.
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
AlcatrazLicenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Sempre nos matanLicenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Turnip fields foreverLicenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Europa e o balletLicenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
A Grande EvasiónLicenza
datos do disco
Ligazóns