Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Aberta a convocatoria para o Seminario de Música Moderna e Improvisación de Monforte

O SEMINARIO MUSICAL DE MONFORTE XA é UNHA DAS CITAS FORMATIVAS CONSOLIDADAS DO VERáN

Aberta a convocatoria para o Seminario de Música Moderna e Improvisación de Monforte

MISCELáNEA | abril 28, 2009

imaxe non dispoñible

Entre o 17 e o 22 de agosto deste verán terá lugar a quinta edición do Seminario de Música Moderna e Improvisación de Monforte de Lemos, unha cita formativa que ven de abrir a súa convocatoria. A súa oferta de clases e actividades vai dirixida tanto a persoas con coñecementos musicais que desexen achegarse á música moderna e ampliar coñecementos sobre a linguaxe empregada nos distintos estilos da música moderna como a músicos, profesores ou estudantes. O corpo de profesores previsto para esta edición está composto por Carlos Calviño (guitarra), Iñaki Askunze (saxofón), Dee Jay Foster (contrabaixo e baixo eléctrico), Celia Mur (voz), Albert Sanz (piano) e Valentín Iturat (batería). As actividades do seminario terán lugar nos espazos do Conservatorio profesional de Música Mestre Ibáñez e están organizadas pola Escola de Estudos Musicais A Tempo co apoio do Concello de Monforte e a Deputación de Lugo.

Ligazóns