Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco

CUN CONCERTO NA CORUñA COMEZAN A XIRA DE PROMOCIóN DE INTROTERRA

Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco

FOLK | abril 15, 2009

not_14502.jpg

Durante os últimos días do presente mes de abril, o que será o terceiro traballo discográfico de Pepe Vaamonde Grupo Introterra estará dispoñible nas principais tendas de discos de Galicia. O disco gravouse entre os Estudios PKO de Madrid, Estudios Bruar da Coruña e Metrópolis de Vigo. Introterra está autoeditado pola banda e distribuído por Lonxa Cultural, nel reúnese, de xeito condensado, a esencia da banda. Pepe Vaamonde Grupo inicia estes días unha pequena xira promocional por terras galegas que os levará a actuar, nas próximas semanas, nas cidades de A Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo, comezando o vindeiro venres 17 de abril, no Forum Metropolitano de A Coruña (Rúa Río Monelos s/n). En Introterra ofrece 11 temas cos que resumir, de xeito conciso, o que é a traxectoria e o estilo da propia formación nestes últimos 8 anos e ollando, de xeito claro, cara ás raíces da mesma.

VIDEO | Aires de Montillón
datos do disco