Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Santiago Auserón elixe aos dez finalistas de ACoruña Son 09

A SELECCIóN FEITA POLO MúSICO NON COINCIDE COS VOTOS DOS INTERNAUTAS

Santiago Auserón elixe aos dez finalistas de ACoruña Son 09

MISCELáNEA | febreiro 18, 2009

not_14102.jpg

O certame ACoruña Son na súa segunda edición xa ten os dez finalistas para participar no obradoiro que impartirá Santiago Auserón e que finalizará coa gravación dun disco colectivo. O certame organizado polo concello coruñés ten como obxectivo fomentar, descubrir e promover novos autores e autoras de canción popular en galego. Máis de sesenta cancións presentáronse na convocatoria e, malia existir unha selección inicial a través dos votos dos internautas, as bases contemplaban que a decisión final correspondería a Santiago Auseron como director do obradoiro. Os dez proxectos musicais elixidos polo músico non foron coincidentes coas votacións na web o que levou ao músico a escribir unha carta argumentando a súa decisión, misiva na que tamén asegura que se está a construír “paso a paso un Cancioneiro que ten retranca, calidade e sabor.” “Este ano emerxe e predomina un sarcasmo novaondeiro fachendoso, mantense o abano de xéneros e as innovacións apuntadas desde o ano pasado, sobe a cota de calidade interpretativa e de composición“, asegura Auserón. Entre os nomes dos finalistas está os de Pulpiño Viascóm, Capitan Furilo ou Marisol Manfurada entre outros.

Ligazóns