Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As efemérides de Haydn, Händel ou Mendelssohn anegan as programacións das formacións galegas

A SINFóNICA DE GALICIA HOMENAXEARá A ANDRéS GAOS NO 50 ANIVERSARIO DA SúA MORTE

As efemérides de Haydn, Händel ou Mendelssohn anegan as programacións das formacións galegas

CLáSICA/LíRICA | xaneiro 12, 2009

imaxe non dispoñible

No 2009 cúmprense dous bicentenarios: o do nacemento de Mendelssohn e o do pasamento de Haydn, así como o 250 aniversario do pasamento de Händel. Tres celebracións que as dúas grandes formacións musicais clásicas galegas incorporan nos seus repertorios. A Real Filharmonía lembrará a Joseph Haydn con dous monográficos no mes de maio, que se suman ao cedé homenaxe a Falla que acaba de publicar. Pola súa banda, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) retomará algunhas das composicións de Mendelssohn, que compartirá protagonismo con Andrés Gaos, o compositor galego que hai 50 anos que morreu. A OSG tamén estreará as obras de dous compositores galegos: Sergio Moure e Eduardo Soutullo.