Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nsaio Xeral porá en contacto industria e grupos musicais emerxentes

A XORNADA CELEBRARASE NO IES ROSALíA DE CASTRO EN SANTIAGO O 17 DE XANEIRO

Nsaio Xeral porá en contacto industria e grupos musicais emerxentes

MISCELáNEA | decembro 26, 2008

imaxe non dispoñible

Nsaio Xeral é un encontro entre diferentes empresas da música galega e representantes de grupos musicais que pretenden dar os primeiros pasos na súa carreira artística. Celebrarase o 17 de xaneiro no IES Rosalía de Castro e será unha xornada completa con obradoiros, castings e concertos. Segundo Rubén Cela, director Xeral de Xuventude -departamento que organiza o encontro- do que se trata é de "consolidar o papel de Nsaio como unha ponte entre os grupos e as industrias musicais", papel do que, asegurou, deuse o primeiro paso no cultur.gal.

O programa da xornada constará, pola mañá, dunha serie de obradoiros de produción musical, edición, distribución, promoción web, imaxe, management e deseño. Pola tarde, haberá un casting para os grupos rexistrados na páxina Nsaio.org, que usarán o seu espazo no portal web da Rede Galega de Locais de Nsaio para promocionarse ante o seu público obxectivo. Deste casting sairán premios como 24 concertos do Vai de Camiño 2009; 8 concertos da Rede Galega de Música ao Vivo; ou o contacto cos responsables da produción do programa Banda Curta, da TVG, coa intención de participar neste espazo no futuro.

A xornada rematará cun concerto no que participará un grupo/artista convidado de sona e tres grupos seleccionados no casting previo.

Para poder participar no Nsaio xeral é preciso inscribirse en nsaio.org.