Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / María do ceo pon música e voz aos poetas de Celanova

O DISCO CONMEMORA O CENTENARIO DO PASAMENTO DE CURROS ENRíQUEZ

María do ceo pon música e voz aos poetas de Celanova

MELóDICA | decembro 9, 2008

not_13637.jpg

A cantante ourensá de orixe portuguesa María do Ceo chega ao seu décimo disco editado cun traballo que, co gallo do centenario da morte de Curros Enríquez no ano 2008, canta a este e outros poetas das terras de Celanova. O luxoso libro-disco edítase co apoio de numerosas institucións como o Concello de Celanova, a Fundación Curros Enríquez, a Deputación Provincial de Ourense, a Mancomunidade Terra de Celanova, “la Caixa”, o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia. Os 17 cortes do disco No bico un cantar, gravado e mesturado nos estudios Desfase de Ourense, achegan oito poemas de Curros Enríquez ademais de letras xurdidas dos poemarios de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), Castor Elices (1847-1886), Serafín Marqués, Armando González e Méndez Ferrín, este último ademais asina un prólogo da obra.

datos do disco