Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O colectivo Sinsal presenta no Cultur.gal un proxecto educativo para divulgar a música

A ENTIDADE DESENVOLVE DIVERSAS OBRADOIROS E ACTUACIóNS ADAPTADOS AOS PúBLICOS ESPECíFICOS

O colectivo Sinsal presenta no Cultur.gal un proxecto educativo para divulgar a música

MISCELáNEA | decembro 4, 2008

imaxe non dispoñible

¿Cál foi a primeira gravación galega?¿Que eran as maquetas? ¿Onde naceron os picadiscos? ¿Cómo se fabrica un vinilo? ¿Deseñou Picasso portadas de discos? ¿Que é o Backspin?. Estas son as preguntas que pretende respostar o Colectivo Sinsal co seu proxecto Escola Sinsal: a historia da música enlatada. Un proxecto educativo que o colectivo vigués presenta hoxe no marco do Cultur.gal, o Salón das Industrias Culturais, que se desenvolve na Coruña ata o vindeiro domingo. O proxecto adapta as súas actividades, que van desde obradoiros, montaxes e actuacións, para ir descubrindo de xeito práctico outras formas de ver a música.

Ligazóns