Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Nouvelle Cuisine presenta o seu disco De memoria en formato CD ou camiseta con mp3

OS CORUñESES SEGUEN A APOSTAR POLA AUTOEDICIóN NO SEU SEGUNDO TRABALLO

Nouvelle Cuisine presenta o seu disco De memoria en formato CD ou camiseta con mp3

INDIE | outubro 14, 2008

not_13205.jpg

Despois dos éxitos como banda “maqueteira” no 2006 e da boa acollida do seu primeiro disco Autodictado (2007) a banda coruñesa Nouvelle Cuisine continúa o seu proceso de evolución, co seu segundo largo autoeditado, De memoria (2008). O disco, gravado nos Estudios Treboada, presenta unha ducia de cancións nas que os músicos “amosan todas as súas influenzas e exploran novos sons e entretecen capas de guitarras, voces e sintetizadores que se sosteñen sobre unha sólida base rítmica”. Buscando tamén a innovación no formato físico da obra De memoria preséntase ademais de no clásico formato CD, como “disco- camiseta”: unha camiseta ilustrada co logotipo do grupo que leva incorporado un dispositivo usb que inclúe, ademais do novo disco en formato mp3, o disco anterior e todas as súas maquetas, así como varias sorpresas dentro dunha carpeta de extras. O disco poderá adquirirse nas tendas Gong, Fnac e El Corte Inglés así como a través do sitio web do grupo.

datos do disco