Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Valladares celebra o XI Certame Internacional de Improvisación Oral
Valladares celebra o XI Certame Internacional de Improvisación Oral
outubro 14, 2008
As actividades comezaron xa este domingo cunha sesión centrada na improvisación en formato rap que incluíu desafíos rimados entre participantes. No entanto, o XI Certame Internacional de Improvisación Oral de Valladares continúa aínda dúas fins de semana máis. O vindeiro domingo as xa tradicionais regueifas protagonizan o programa, con obradoiros e a presenza de rimadores galegos e dunha delegación cántabra. Para o día 26 preséntase como novidade a xornada dedicada improvisación poética, que presenta María Lado coa participación de Antía Otero, Xabier Cordal e mais o dúo Accidents Poliétics.