Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o Ciclo de Músicas Prohibidas

AS ACTIVIDADES TAMéN SE DESENVOLVERáN NA RúA

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o Ciclo de Músicas Prohibidas

ALTERNATIVA | outubro 1, 2008

imaxe non dispoñible

Pecados, Ciclo de Músicas Prohibidas, é a nova proposta musical que se desenvolverá en Pontevedra este outono. A proposta do Concello desenvolverase maioritariamente no Pazo da Cultura desta cidade, cos concertos de Tumani Diabaté (12 de outubro), Stereolab (21 de novembro) e The Residents (9 de decembro). Ademais, desde hoxe mesmo e ata mañá, o Dúo Dithyrambe interpretará por diferentes prazas da cidade as súas versións operísticas de temas punk, disco e pop contemporáneos. Para rematar, o ciclo propón para os días 4, 5, 11 e 12 de outubro un punto de intercambio de CDs no que os interesados poderán deixar os seus discos e recibir en troca un compacto que a organización promete "único".