Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Galicia estreará stand propio no Womex baixo o selo Galician Tunes

O FESTIVAL é O MAIOR MERCADO MUNDIAL DE WORLD MUSIC

Galicia estreará stand propio no Womex baixo o selo Galician Tunes

MISCELáNEA | setembro 15, 2008

imaxe non dispoñible

Por primeira vez, a Xunta contará cun espazo propio no Womex, a principal feira do mundo no xénero World Music (música étnica, folk, de raiceira), e que se celebrará entre o 29 de outubro e o 2 de novembro en Sevilla. 16 empresas galegas participarán neste importante evento destinado a programadores, especialistas e empresas musicais e poderán empregar os servizos do stand, como zonas de xuntanzas ou un servizo de tradutores en inglés e francés. A Axencia Galega das Industrias Musicais (AGADIC) tamén organizará outras actividades de promoción, entre as que sobranceará unha noite galega, o sábado 1 de novembro, coas actuaicións de Narf, Mutenrohi e Xosé Manuel Budiño.