Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival Crunia achega a Riazor bandas coruñesas de diferentes estilos

OS GRUPOS LOCAIS ALTERNAN CON FORMACIóNS CONSOLIDADAS

O Festival Crunia achega a Riazor bandas coruñesas de diferentes estilos

MISCELáNEA | agosto 25, 2008

imaxe non dispoñible

Pop indie, cantautores, heavy, música electrónica ou folk son algúns dos ritmos que se poden escoitar ao longo desta semana na primeira edición do Festival Interurbano Crunia. O evento comezou o pasado sábado na cidade herculina coa actuación de MEU, Nouvelle Cuisine e La Habitación Roja, e prolongarase ata o vindeiro sábado cun total de vinte bandas da escena local que alternarán cunha formación foránea cada noite. A esplanada de Riazor acolle a partir das nove da noite estes concertos, que queren achegar unha oportunidade ás formacións coruñesas. Entre as propostas atopamos grupos coma Flowclóricos, Ruxe Ruxe, Porretas ou Los Coronas entre moitos outros.