Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Primeira canción e videoclip do disco en solitario co que Miguel Costas volve a escena musical
Primeira canción e videoclip do disco en solitario co que Miguel Costas volve a escena musical
agosto 22, 2008
Miguel Costas, membro fundador e compositor de parte do repertorio máis coñecido de grupos como ”Siniestro Total” , ”Aerolíneas Federales” ou ”Los Feliz” xa ten a piques de saír o seu primeiro disco en solitario “Condenados a Costas” que ven sendo o número 17 da súa carreira e que estará á venda o 13 de outubro. O músico volve á escena musical despois de catro anos de silencio tras rematar con Los Feliz e das súas actuacións con A banda Turca. No seu novo disco, editado pola discográfica independente G. Domani Records, Costas ofrece himnos rock & roll no estilo que tantos éxitos le supuxo na súa etapa con Siniestro Total, o seu primeiro sinxelo é a canción “Baja el pantalón” que xa se pode escoitar e da que hai gravado un videoclip no que aparecen moitos veciños do músico da localidade de Escairón, onde vive actualmente. Acompañado dos músicos Juan Naya, Landy e Tony, Miguel Costas iniciará o vindeiro 30 de agosto en Vilalba a xira 2008-2009 na que tamén está prevista unha actuación nas Festas de San Froilán en Lugo xunto cos vigueses Def Con Dos.
Tamén che pode interesar:
- 26/ 5/ 2021 | Tonhito de Poi reivindica a súa personalidade salvaxe en 'In-dios'
- 23/ 12/ 2016 | Os Premios Maketon recoñeceron o mellor da escena musical de Vigo
- 5/ 2/ 2016 | Miguel Costas segue ao pé do cañón con No me cuentes tu vida
- 11/ 12/ 2014 | Aínda é o primeiro disco de Alba María
- 7/ 3/ 2013 | Miguel Costas chama a participar no seu vindeiro vídeo