Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os músicos da Rede de Locais de Ensaio dispoñen dun novo portal para difundir a súa actividade
Os músicos da Rede de Locais de Ensaio dispoñen dun novo portal para difundir a súa actividade
agosto 6, 2008
A Dirección Xeral de Xuventude e a de Creación e Difusión Cultural xuntaron onte aos seus representantes, Rubén Cela e Luís Bará, para presentar o portal Nsaio.org. A nova plataforma da Rede Galega de Locais de Ensaio da Xunta vertebra así o sistema ofrecendo un espazo autoxestionable que lles permitirá aos grupos e artistas que usan estes locais de introducir todo tipo de información sobre o seu traballo, a documentación relativa aos servizos que ofrece a Dirección Xeral de Xuventude, noticias, concursos e mesmo unha radio con mostras de música dos grupos da rede. Por toda Galicia existen actualmente dezasete locais dentro desta rede e as previsións son que cheguen a ser trinta antes de final de ano.