Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ribeira de Piquín galardoa a traxectoria artística de Xosé Manuel Seivane

NUMEROSOS GAITEIROS E AUTORIDADES ASISTIRáN á XORNADA DE HOMENAXE

Ribeira de Piquín galardoa a traxectoria artística de Xosé Manuel Seivane

FOLK | xullo 31, 2008

imaxe non dispoñible

Xosé Manuel Seivane estivo durante máis de cincuenta anos traballando no seu obradoiro de gaitas. Unha traxectoria que ademais de convertelo nun dos mellores profesionais no seu campo, acaba de valerle unha homenaxe por parte da Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín. A festa terá lugar o vindeiro 9 de agosto, cun gran xantar, un concerto da súa filla, Susana Seivane, así como a instalación dun busto de bronce e unha placa na praza do Chao.