Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Educación presenta novas liñas para a promoción dos estudos musicais
Educación presenta novas liñas para a promoción dos estudos musicais
xullo 17, 2008
Educación convocará dez bolsas de dez mil euros cada una para a realización de estudos de especialización no estranxeiro destinadas a titulados superiores de especialidades instrumentais de música polos conservatorios superiores de música de Galicia. Esta é unha das accións de promoción do ensino musical presentadas pola Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, que avanzou tamén que para o vindeiro curso académico, por primeira vez, os Conservatorios Profesionais de Vigo e de A Coruña impartirán o bacharelato de Artes na vía de música, danza e artes escénicas. Outra novidade avanzada pola titular da carteira é unha páxina web que contará cun buscador de recursos musicais de autores galegos, unha base de datos con máis de 2.000 fichas de obras de autores galegos. O buscador, ademais de dar acceso ao catálogo das súas obras, nalgúns casos permitirá incluso descargar partituras.