Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / El Beasto celebra dez anos montando un festival de rock independente internacional

CHEGA A BRUTA FEST

El Beasto celebra dez anos montando un festival de rock independente internacional

INDIE | xuño 4, 2008

not_12320.jpg

O selo independente coruñés El Beasto Recordings celebra esta semana os seus dez anos de actividade organizando na cidade un festival de rock and roll que se desenvolverá durante tres días. A celebración do La Bruta Fest comezará este xoves na sala Mardi Gras cunha representación galega do seu catálogo a cargo de The Phantom Keys e Die Cadáveras. Seguirá o venres unha noite dedicada ao rock garaxe do outro lado do Atlántico no Playa Club coas míticas bandas americanas The Fuzztones e The Morlocks. No mesmo escenario terminará o sábado o festival contando coa presenza dos finlandeses The Flaming Sideburns e os suecos The Moving Sounds. As concertos de venres e sábados completaranse coa actuación do cabaré burlesco da británica Fancy Chance.