Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O ciclo 2000+8 ofrece en Vigo diversas de experiencias musicais de novos valores

OITO 2000+8

O ciclo 2000+8 ofrece en Vigo diversas de experiencias musicais de novos valores

MISCELáNEA | maio 28, 2008

imaxe non dispoñible

O museo Verbum- Casa das Palabras e o auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo acollerán os concertos da oitava edición do Ciclo Xeración 2000+8 "Catro estacións: o que o tempo di, o que o tempo ve". O primeiro concerto correrá a cargo de Ana Pérez Ventura, o domingo 1 de xuño no Conservatorio, no mesmo lugar actuará o Cuarteto 3 Continentes, o sábado, 31 de maio, ás 20.30 horas. O terceiro concerto do ciclo será o de Eliseu Mera e Cándido Cabaleiro, que terá lugar o mércores 4 de xuño, ás 21 horas no museo Verbum. O xoves, 5 de xuño, tamén ás 21 horas no Verbum terá lugar a estrea do Taller Instrumental As Novas Miradas, a cargo do Ensemble de Saxos do Conservatorio Superior de Vigo. O mércores 11 de xuño, no Auditorio Martín Codax do Conservatorio ás 20.30 horas actuará o Techné Ensemble. Finalmente, o dúo Syrinx, integrado por Carmen Ferreiro e Ricardo Blanco, pechará o ciclo o venres 13 de xuño ás 20.30 horas no Conservatorio.