Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Real Academia Galega catalogará o fondo musical de Marcial del Adalid
A Real Academia Galega catalogará o fondo musical de Marcial del Adalid
maio 19, 2008
Foron os descendentes do compositor Marcial del Adalid os que, en 1928, depositaron na Real Academia Galega preto dun millar das súas partituras. Este material leva desde entón sen catalogar, o único traballo feito sobre el foi un inventario a cargo de Margarita Viso, pero disto hai máis dunha década. Por este motivo, Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega, acaba de afirmar que asinará un convenio coa Deputación da Coruña, que achegará 37.000 euros para analizar toda esa documentación.
Tamén che pode interesar:
- 8/ 2/ 2024 | A RAGBA concede a Medalla de Prata 'Marcial del Adalid' a José Manuel Couce Fraguela
- 23/ 3/ 2015 | Un disco recupera o traballo para piano de Marcial del Adalid
- 18/ 8/ 2014 | A Filarmónica de Vigo celebrará o seu centenario con Marcial del Adalid
- 11/ 1/ 2007 | A Universidade da Coruña editará obras sobre o patrimonio musical galego