Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Jabón Blue pásase á autoedición co seu segundo disco “By the White”

JABóN BLUE LAVA MáIS BRANCO

Jabón Blue pásase á autoedición co seu segundo disco “By the White”

ROCK | maio 13, 2008

not_12134.jpg

O proxecto musical de Javi Maneiro busca a consolidación co seu segundo disco, “By the White”, que eles mesmos producen e editan e co que presentan tamén una nova xira “A la Crocha Tour”. Quince temas que, cunha base rocanroleira, van desde a festa máis salvaxe do “Himno da Crocha” –única canción en galego- ata as baladas como “Tela de araña” pasando polos aires máis power-pop en “Mi voz”. As súas letras falan do entorno cotián, traballo, parella, drogas, a vertixe da vida, referencias locais do Barbanza, etc. O quinteto do que forman parte Javi Maneiro, Diego Castaño, Marcos Otero, Pony e Kuervo gravou o disco o pasado mes de febreiro nos Estudios Hispamusic de Madrid. A primeira subida a escena cos temas de “By the White” fíxose o pasado mes no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira e o vindeiro concerto programado será o 28 de xuño en Dodro.

AUDIO | 30 SEGUNDOS
Tarzán de Dean
AUDIO | 30 SEGUNDOS
By the White
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Himno da Crocha
datos do disco