Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os versos de Álvarez Blázquez saltan á música no DVD “Palabras liberadas”
Os versos de Álvarez Blázquez saltan á música no DVD “Palabras liberadas”
maio 13, 2008
O Concello do Porriño presentaba onte o proxecto "Palabras liberadas" para Xosé maría Álvarez Blázquez. A iniciativa inclúe a presentación dun DVD no que se recitan e se presentan versións musicadas de textos do autor, con estilos coma o rock, o rap ou a música coral a cargo de El Cubo, Kedro ou Uxía. Os recitados corren por conta de poetas e escritores coma Luz Pozo, Xavier Rodríguez Baixeras ou Manuel Forcadela. A iniciativa conta co apoio da Consellaría de Cultura, que presenta outras propostas no web 17demaio.org.