Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A SGAE destaca un incremento das representacións de teatro, danza e os concertos en directo

ANUARIO SGAE

A SGAE destaca un incremento das representacións de teatro, danza e os concertos en directo

MISCELáNEA | maio 7, 2008

imaxe non dispoñible

As actuacións en directo da música pop viven a súa época dourada no noso país. As cifras dos asistentes aos concertos de Maná, Joaquín Sabina e Serrat ou Fito & Fitipaldis provocaron un espectacular ascenso dos dereitos de autor dese ano, un 31% máis que no anterior. É o que se avanza do informe anual da Sociedade Xeral de Autores (SGAE). Canda esta cifra, o que tamén medrou foron as representacións de teatro, danza e demais artes escénicas (un 11.1%). En canto á actividade de xestión desta entidade, os seus ingresos medraron en Galicia un 2%, e tamén subiu o número de afiliados nun 4.7%, que se traduce en 2.650 socios.

Ligazóns