Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O programa Outra + Outra facilitará a gravación de dezaoito discos

AXUDAS á GRAVACIóN

O programa Outra + Outra facilitará a gravación de dezaoito discos

MISCELáNEA | maio 6, 2008

not_12088.jpg

Un total de 18 propostas musicais, xa sexa de formacións como de solistas pertencentes en todo caso á Rede Cultural da Deputación da Coruña, poderán acceder ás axudas para gravación do programa Outra+Outra impulsado pola Deputación e a Fundación Paidea. O convenio que pon en marcha esta edición foi asinado onte polo presidente da institución provincial, Salvador fernández Moreda, e a súa homóloga da fundación, Rosalía Mera. Un xurado de especialistas escollerá os 18 beneficiarios deste programa entre todas as solicitudes enviadas ante do 16 de maio. Cada un dos seleccionados gravará o disco no Centro Mans e disporá despois de un milleiro de copias do mesmo. A Deputación destina a este obxectivo un total de 34.800 euros que cubrirán o 50% do custe da gravación e edición, a outra metade correrá a cargo dos artistas.