Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Premio de investigación para un estudo sobre a música en Pontevedra

O QUE QUEDOU TRAS DA MOVIDA

Premio de investigación para un estudo sobre a música en Pontevedra

POP | abril 18, 2008

imaxe non dispoñible

Un traballo sobre a situación da música pop e rock na provincia de Pontevedra pasada a época da “movida” foi o gañador do premio á investigación convocado pola Deputación de Pontevedra. O xurado reunido onte achou a Susana Rodríguez Barcia e Rubén Suárez Sousa merecedores do máximo galardón da convocatoria polo estudio da evolución da cultura musical na provincia no período comprendido entre 1997 e 2007. O galardón está dotado con 6.000 euros.