Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Sinfónica de Galicia gravará a zarzuela de Chueca no centenario da súa morte
A Sinfónica de Galicia gravará a zarzuela de Chueca no centenario da súa morte
abril 17, 2008
“Cádiz” é a zarzuela na que o madrileño Federico Chueca transmitiu o espírito que se respiraba cando os españois se levantaron contra os franceses. Unha composición singular que a Sinfónica de Galicia editará en CD cando se cumpren cen anos da morte do autor. Ademais, o director da Sinfónica, Víctor Pablo, presentou os tres cedés que a formación coruñesa rexistrou nos últimos meses. Son a ópera “Il Disoluto Punito, ossia Don Giovanni Tenorio”, que editou a Fundación Autor; o “Concerto de Aranjuez” que presenta Decca, e “Iberia” de Isaac Albéniz no selo Glossa.