Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A movida é actualidade cun documental sobre Siniestro Total e a publicación dun vinilo de Viuda Gómez e Hijos
A movida é actualidade cun documental sobre Siniestro Total e a publicación dun vinilo de Viuda Gómez e Hijos
marzo 14, 2008
Un doble vinilo con temas inéditos titulado “La viuda está de vuelta” (El Beasto) e unha homenaxe á desaparecida banda coruñesa Viúda Gómez e Hijos recupera para o presente a este grupo da “movida” dos oitenta. Parte da formación orixinal do grupo reunirase hoxe no Rock´n Roll Bar do Orzán para asistir a un concertó dos ferroláns Bang 74 que lles fan tributo. Referentes nos anos oitenta dos inicios dos videoclips musicais en Galicia da man de Xavier Villaverde que dirixiu o do seu tema “Veneno Puro”, Viuda Gómez foron representantes do punk galego xunto cos Resentidos ou Siniestro Total. Con este últimos comparten tamén agora o momento da actualidade, xa que os vigueses son noticia pola presentación no festival cinematográfico Play-doc dun documental sobre a súa historia como banda. O documental “Que pareza un accidente” está dirixido por Mikel Clemente e baséase en imaxes de actuacións con son directo, entrevistas, momentos escollidos das xiras, das gravacións dos seus discos en estudio e rodaxes de videoclips.
Tamén che pode interesar:
- 2/ 4/ 2008 | Siniestro Total celebra vodas de prata nun disco con toda a súa traxectoria
- 29/ 12/ 2006 | Siniestro Total celebra as súas vodas de prata cun concerto de homenaxe á movida viguesa
- 20/ 11/ 2002 | Transportes Hernández y Sanjurjo, grupo composto por membros dos Diplomáticos e de Siniestro Total, lanza o seu primeiro disco
- 29/ 8/ 2002 | Á través das conversas con Julián Hernandez un libro retrata os vinte anos de vida de Siniestro Total
- 22/ 12/ 2000 | La Iguana celebra os seus dez anos como referencia no panorama musical